Declaran controlado o incendio de Chandrexa de Queixa
O lume declarouse controlado ás 18:16 deste sábado
A Consellería do Medio Rural sinala que o incendio forestal rexistrado na parroquia de Parafita, no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, xa está esta controlado.
O lume, que comezou ás 00.58 horas deste venres, quedou controlado ás 18.16 horas deste sábado e afecto, segundo as últimas estimacións, a unha superficie de 50 hectáreas.
Para facer fronte ás chamas Medio Rural mobilizou a un técnico, seis axentes, 17 brigadas, oito motobombas, unha pa, cinco helicópteros e seis avións.
Escribe o teu comentario