Empresario ourensán investigado por depósitos de aceite de cociña sen licenza en Ribadavia
O representante dunha empresa de aceites de cociña usado foi investigado pola Garda Civil tras localizar 21.000 litros de residuos almacenados de forma irregular en varias naves da provincia de Ourense. O home, de 47 anos, carecía de licenza municipal e autorización da Consellería de Medio Ambiente para xestionar este tipo de residuos, o que motivou a intervención do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) no marco da operación Pinoil.
O representante dunha empresa de aceites de cociña usado, de 47 anos de idade, foi investigado por almacenar 21.000 litros de forma irregular en naves da provincia de Ourense.
O investigado realizou a actividade sen licenza municipal e sen autorización da Consellería de Medio Ambiente para xestionar ese tipo de residuos. O caso lévao Xulgado de Instrución de Ribadavia.
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, no marco da operación Pinoil, tomou declaración en calidade de investigado a este home como presunto autor de tres delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente.
Así, interveuse aceite en tres operativos: o 3 de abril, nunha nave de Carballeda de Avia, con 8.000 litros almacenados de aceites usados de forma irregular; o 17 de maio, nunha zona do río Miño, 5.000 litros; e o 25 de xuño, unha nave sita en Ourense, na que se achan 8.000 litros.
Escribe o teu comentario