Un incendio calcina tres vivendas en Rubiá
Segundo indicou o 112 Galicia, rexistrou varios avisos por mor deste incendio, o primeiro deles ao redor das 22,20 horas, nos que alertaban de que estaba a arder unha casa na Veiga de Cascallá, con posibilidade de que houbese xente no seu interior.
Un incendio deixou tres casas calcinadas case na súa totalidade en Rubiá, polo momento non se puideron esclarecer cal foi a causa do lume.
Segundo indicou o 112 Galicia, rexistrou varios avisos por mor deste incendio, o primeiro deles ao redor das 22,20 horas, nos que alertaban de que estaba a arder unha casa na Veiga de Cascallá, con posibilidade de que houbese xente no seu interior.
Os xestores do 112 Galicia avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, así como á Garda Civil, que se mobilizaron até a zona.
Despois de que os servizos de emerxencias acudisen até o punto, estes indicaron que o incendio estaba descontrolado, pois o lume xa afectaba a dúas casas. Polo que se solicitou tamén a intervención dos Bombeiros de Monforte e dos de Verín, así como do GES de Quiroga e tamén acudiu persoal de Medio Rural, que achegou unha motobomba.
Con todo, as chamas acabaron por afectar até a tres casas, todas de madeira, que arderon completamente. Ademais, un dos bombeiros da dotación de Valdeorras tivo que ser trasladado até o hospital polos seus compañeiros, despois de que sufrise danos ao caer unha viga.
Escribe o teu comentario