Aparece morto un ciclista na madrugada nunha rúa do centro de Ourense
O 112 informa que un particular realizou unha chamada para alertar que atopara un ciclista tirado no solo en Xoán XXIII, unha vía cunha considerable pendente.
Un home faleceu na madrugada deste venres tras caer da súa bicicleta na rúa Xoán XXIII de Ourense.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, un particular informou sobre as 4,30 horas de que se atopou ao implicado na rúa, tendido na estrada.
Ademais, na mesma chamada o alertante xa apuntou que o home non respondía. De feito, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
De inmediato, desde o CIAE-112 Galicia activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Nacional e Local.
Escribe o teu comentario