Burlas e aplausos, a partes iguais, en torno ao polémico cartel do Entroido de Ourense

As reaccions son dispares dependendo de si revisámolas en Twitter ou en Facebook.


|

Entroido ourense
Foto: Concello de Ourense

 

Se hai unha data que os ourensáns agardan con expectación todo o ano esa é o Entroido. A provincia é famosa polas súas celebracións antes da Coresma, con municipios como Verín, Laza ou Xinzo que son archiconocidos polas súas máscaras, polas súas festas e por toda a cultura que rodea a esta celebración. Aínda que moi fincada tamén na capital, dun tempo para acó o Concello de Ourense esforzouse en facer desta unha das citas culturais máis importantes da cidade, con actividade e propostas para todas as idades, tratando de ser parte do atractivo turístico da cidade das Burgas. Con maior ou menor éxito, o certo é que nos últimos anos o Entroido de Ourense logrou captar moitas miradas, e este ano o foco é o cartel que anuncia a festa, que non pasou inadvertido.

 

PUÑALES EN TWITTER...

Unha sorte de rei león, con cinco dedos nunha man e catro na outra, cunha gran paxarela, un traxe feito como de papel, unhas coloridas medias e uns zapatos xeométricos parece ser o protagonista deste 2025. Esta peculiar mascota atopou tantos admiradores como detractores, dependendo da rede social que consultemos.

 

Se nos paseamos por Twitter, por exemplo, na conta do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, atopamos na sección de comentarios ao post algunhas perlas como "é unha broma de mal gusto", "lamentable" ou "espero que non se pagase por iso". "Co debido respecto, señor alcalde, é feo de collóns" é talvez o comentario máis suave entre os moitos que achacan ao rexedor o uso da IA e a "falta de identidade" dun cartel que, de auriense, ten só o fondo. 

 

Tamén hai espazo para as críticas construtivas. "Hai unha escola de artes e oficios en Ourense e un bacharelato de artes plásticas. Por que non un concurso cos nosos mozos? O premio poden ser libros ou materiais de arte", suxire un usuario, que á hora de definir o que acaba de ver só sálguelle dicir que "é...diferente". 

 

... FLORES EN FACEBOOK

En Facebook , en cambio, as reaccións son opostas, con intercambios de gifs e stikers que valoran a orixinalidade da proposta. Aplausos, "Bravo!" ou un gato bailando son as respostas ao post do alcalde nesta rede social creada por Mark Zuckerberg, talvez menos belicosa que a que adquiriu Elon Musk, tan admirado polo líder de Democracia Ourensá

 

Desde o xoves de comadres, o 27 de febreiro, até o mércores de entroido, o 5 de marzo, a festa non parará na cidade termal con orquestras, disco móbil, charangas, desfiles e actividades de distintos tipos, desde talleres de maquillaxe até a repartición de doces típicos, serán a tónica dunha celebración que ten nas actuacións das orquestras Olympus, París de Noia e América como o prato principal do Entroido. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE