Resistencia e determinación do pobo palestino

Redacción

Sobre o anuncio na madrugada de onte de Trump sobre a limpeza étnica en Gaza e a anexión dos territorios de Cisxordania. Home mollado non teme á choiva, é dicir, isto non nace da noite para a mañá. Trump é o único que o dixo sen andrómenas, sen mercadotecnia, unha realidade que leva cometendo desde hai moito tempo. Quizais o sionismo non contaba coa resistencia e as ganas de vivir da poboación palestina e o apego á súa terra. Calquera nas súas circunstancias de vida optaría por emigrar e escapar da zona, pero os palestinos prefiren vivir, aínda que sexa en ruínas, na súa propia terra, como un acto de resistencia e civilización.

 

Isto converterase, grazas ao altofalante de Trump, nunha loita entre o dereito internacional e a civilización e a barbarie que pisa as leis internacionais e quere impor a forza custe o que custe. E aí é onde nós, os europeos, deberemos decidir onde queremos estar, ben no lado do dereito internacional e da civilización ou ao lado do fascismo e a barbarie.

 

"Calquera nas súas circunstancias de vida optaría por emigrar e escapar da zona, pero os palestinos prefiren vivir, aínda que sexa en ruínas, na súa propia terra"

 

Sorpréndeme o tratamento mediático que ás veces se dá a estas declaracións, como asumindo que é o que hai, cando deberiamos estar escandalizados de que un señor alén do océano poida coller os tratados internacionais, que tantos millóns de mortes ocorreron para que levasen a cabo, e tomalo como algo natural.

 

Agora mesmo a posición como seres civilizados debería ser mostrar todo tipo de resistencia –económica, de consumo, cultural– a quen tentan impor a barbarie sen ningún tipo de tapuzos. EEUU non é o líder mundial, é o mantón mundial, non é adaíl da liberdade, senón todo o contrario, quen quita a liberdade. Os palestinos levamos anos sufrindo ás ocultas esta realidade, e non nos asustan os seus plans porque van atopar en Palestina a resistencia e determinación de todo un pobo a ser quen son. Os palestinos seguirán sendo palestinos na súa terra, que é Palestina.

 

"Os palestinos levamos anos sufrindo ás ocultas esta realidade, e non nos asustan os seus plans porque van atopar en Palestina a resistencia e determinación de todo un pobo a ser quen son"

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE