Conmoción en Boborás pola morte violenta dun coñecido veciño nun hotel de luxo en Panamá

C. S. R. de 65 anos, natural de Boborás pero residente en Nigrán, é un empresario achado morto con signos de violencia no país centroamericano. 

 


|

Hotel bristol
Foto: Hotel Bristol

 

Un home galego de 65 anos foi atopado morto nun hotel da cidade de Panamá, segundo informan medios locais e confirman a Europa Press fontes coñecedoras do sucedido.

O diario de noticias Crítica explica que o corpo foi achado con signos de violencia por persoal do propio hotel situado na rúa Aquilino da Garda. Agora investíganse as causas da morte.

Segundo datos do Rexistro Mercantil, este home, C. S. R., tivo no últimos tempos diferentes empresas na provincia de Pontevedra, como unha compañía de iluminación no municipio de Nigrán.

Fontes consultadas por Europa Press explican que este home era natural de Boborás, do mesmo xeito que os seus pais. Vendeu a súa casa en Brués e actualmente residía en Nigrán.

A morte deste home de negocios que viaxaba de forma habitual sorprendeu en Boborás, xa que era un persoa que aínda mantiña vínculo co municipio ourensán, que visitaba con certa regularidade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE