(VIDEOCLIP) Vimbio arrinca 2025 revestindo de punk unha cantiga popular en 'Eu non quero traballar'

Un sentimento tan humano, tan universal, e tan axeitado para facer canción, tal e como fixo Vimbio co seu último tema 'Eu non quero traballar'. ESENCIA DO 2000A banda, que aos poucos se foi facendo a súa huequecito no mundo do metal cunha cara coñecida da escena galega como Álex Arnoso, un dos rostros reconocibles de SonDaRúa, fai así unha homenaxe a unha cantiga popular, revestíndoa nun aire punk e duro, cos ritmos eléctricos que caracterizan á formación que supoñen unha bocanada de aire fresco ao xénero que despuntou a principios dos 2000. Nestes primeiros lazamientos, Vimbio deixa claras as súas intencións para este 2025, que podería ser o ano da súa consagración definitiva.


|

 

Sexamos sinceros: traballar non mola. Está ben, para un intre, pero todos os días...buf. Que preguiza apagar o espertador, saír á fría rúa e percorrer o longo treito até a oficina de quenda. Vida miserable esta, na que hai que dobrar o espinazo para chegar a fin de mes. Un sentimento tan humano, tan universal, e tan axeitado para facer canción, tal e como fixo Vimbio co seu último tema 'Eu non quero traballar'.

 

ESENCIA DO 2000

A banda, que aos poucos se foi facendo a súa huequecito no mundo do metal cunha cara coñecida da escena galega como Álex Arnoso, un dos rostros reconocibles de SonDaRúa, fai así unha homenaxe a unha cantiga popular, revestíndoa nun aire punk e duro, cos ritmos eléctricos que caracterizan á formación que supoñen unha bocanada de aire fresco ao xénero que despuntou a principios dos 2000.

 

Nestes primeiros lanzamentos, Vimbio deixa claras as súas intencións para este 2025, que podería ser o ano da súa consagración definitiva. Porque por moi boa prensa que teña o traballo, dicindo que dignifica ao que o realiza, o certo é que a todos gústanos máis tirarnos á paparrandona e non pensar en madrugar.

 

 

Con este quinto adianto, gravado en LUFS Studios e con Damian Mo na mestura, Vimbio suma un tema máis ao seu repertorio que xa conta con temas como 'Mayday', 'Insisto', 'Comeza ou xogo' ou 'Bombas incendiarias'. O videoclip dirixido por IzanMG, o primeiro do grupo, tamén evidencia o ton canalla desta banda que promete ser unha das máis demandadas do próximo verán en Galicia.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE