Accidente laboral en Riós: morre un operario tras caerlle unha árbore encima en Rubiós
Os equipos de emerxencias desprazados ao lugar só puideron confirmar a morte do traballador accidentado.
Un traballador perdeu a vida este luns no municipio ourensán de Riós tras caerlle unha árbore encima.
Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar na parroquia de Rubiós, onde a vítima se atopaba traballando cando caeu unha árbore encima.
Ao lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, GES da Gudiña, a Garda Civil e a Agruación de Voluntarios de Protección Civil de Riós.
Escribe o teu comentario