Arde un camión que transportaba pneumáticos na A-52, ao seu paso por Melón e direción Benavente

Os feitos ocorreron de madrugada, ao redor das 5:30 horas, e os equipos de emerxencia seguían refrescando o transporte ao amencer. 


|

Arde un camión cargado de ruedas en la A-52, a su paso por Melón (Ourense)
Foto: EP


 

Un camión cargado de rodas ardeu por completo na madrugada deste luns á altura do quilómetro 262 da A-52, sentido Benavente, ao seu paso polo municipio ourensán de Melón.

Aínda que o condutor do vehículo tardou en dar conta do que sucedía, pois seguía circulando pola A-52. Finalmente, detivo a marcha uns quilómetros máis adiante, xusto na saída cara a Melón.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 5,30 horas e varios equipos de emerxencias participan nos labores de extinción dun incendio que chegou a comprometer a contorna.

De feito, tamén foron informados efectivos de incendios forestais para apoiar o traballo dos bombeiros e salvagardar o espazo forestal.

En en lugar traballan, ademais dos membros do GES de Ribadavia, os Bombeiros do Carballiño e Ponteareas, que xa teñen o lume controlado aínda que non extinguido, xa que para iso é necesario a colaboración do persoal de limpeza e mantemento da vía, neste caso do Ministerio de Fomento, para a retirada das rodas de gran tamaño que transportaba o camión.

 

ARDE UNHA CASA NA Merca 

Por outra banda, outro incendio calcinou por completo unha vivenda na Merca, Ourense, aínda que non se produciu ningún dano persoal e as chamas tampouco afectaron as vivendas lindeiras.

O CIAE 112 Galicia informou de que as chamas empezaron minutos antes das 22,00 horas do domingo, cando se puxeron en marcha os protocolos correspondentes para a activación dos medios e recursos de emerxencias.

Neste caso, Bombeiros de Celanova, Incendios Forestais e a punto estiveron de acudir os Bombeiros de San Cibrao, pero, finalmente, non foi necesario. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE