Pesar na USC pola morte de María Belén López Meirama, profesora da Facultade de Filoloxía

A docente era directora do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Facultade de Filoloxía en Santiago.


|

0950
Facultade de Filoloxía en Santiago

 

María Belén López Meirama, directora do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Facultade de Filoloxía en Santiago, faleceu nas últimas horas de forma repentina.

A Universidade de Santiago de Compostela (#USC) e a facultade na que traballaba trasladan, nun comunicado, o seu "profundo pesar" por esta morte que "se fai especialmente desoladora" para a integrantes da área de Lingua Española, da que era profesora titular.

"A dedicación académica e persoal de Belén valeulle o fondo recoñecemento e afecto de discípulos e compañeiros", subliña a universidade, quen destaca a súa carreira investigadora ao redor da sintaxe, o léxico do castelán en Galicia e as construcións fraseolóxicas.

Ademais, López Meirama participou en varios proxectos de investigación con colegas das áreas de Filoloxía Alemá, Española e Galega. "Foi unha docente comprometida que sempre tratou de transmitir o seu saber ás xeracións máis novas", subliñan desde a facultade da que foi vicedecana entre os anos 2012 e 2016.

A comunidade do centro "únese á súa familia e ás súas amizades na inmensa dor provocada pola súa morte". "Deixa en nós e na nosa memoria o seu exemplo de rigor, compromiso e xenerosidade", conclúe o comunicado.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE