España, favorita nos cuartos de final que arrincan o venres ás 18 horas
'A Vermella', que vén de callar catro grandes partidos nesta Eurocopa fronte a Croacia, Italia, Albania e Xeorxia, con nove goles a favor e só un en contra -en propia porta de Le Normand-, mídese a Alemaña este venres ás 18 horas (#TVE). Os de Luís de la Fuente chegan ao encontro como favoritos, pero o cadro xermano pode ser a besta negra que queda no seu camiño á final.
Con Neuer, Musiala, Müller ou Füllkrug, os alemáns teñen en España á súa besta negra despois de grandes triunfos como o da final do Euro en 2008 ou as semifinais do Mundial de 2010.
Lamine Yamal e Nico Williams son as dúas grandes sensacións do Euro e en España fian as súas aspiracións ao bo facer destes jovenes talentos que cegaron no seu primeiro gran compromiso internacional.
Escribe o teu comentario