As sirenas de aviso de 39 presas galegas soarán martes e mércores como proba para a poboación

A medida, en calquera caso, non afectará á actividade dos veciños e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico en caso de rotura.


|

Archivo - El embalse de Velle liberando agua del río Miño, a 4 de noviembre de 2023, en Ourense, Galicia (España). La borrasca Domingos ha dejado en la provincia de Ourense 32 incidencias, entre la
Arquivo - O encoro de Velle liberando auga do río Miño


A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 25 e 26 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 39 presas con Plan de Emerxencia.

Así, durante a proba sonora activaranse máis dun centenar de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas: Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Ademais, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada no municipio lucense de Xove.

O primeiro sinal de aviso audible será a partir das 09.00 horas do día 25 augas abaixo da presa de Belesar, nos concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón.

A partir desa hora as probas desenvolveranse até as 16.30 horas, finalizando na presa do Con, en Vilagarcía de Arousa. Ao día seguinte, o mércores 26, retomaranse as probas ás 09.00 horas na presa de Vilagudín, en Tordoia , e finalizarán ás 13.00 horas na de Velle, en Ourense .

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE