Deteñen ao propietario da Rexión por agredir presuntamente a Gonzalo Pérez Jácome

Os feitos foron denunciados ante a policía polo propio rexedor municipal


|

F5m5LqNXYAEfyME
Momento da detención / Foto: @gonzalojacome

Segundo informou o Concello de Ourense a través dun comunicado, na tarde do pasado sábado a Policía Local de Ourense detivo a Óscar Outeiriño, propietario do diario A Rexión, como presunto autor dun delito de atentado contra a autoridade, ao haberlle propinado presuntamente unha puñada a Gonzalo Pérez Jácome, alcalde da cidade.

 

Os feitos foron denunciados ante a policía polo propio rexedor municipal, segundo informan desde o consistorio. Segundo explica o propio Jácome, cando se atopaba nas proximidades do Auditorio para o concerto de Robert Plant, "achegóuseme de golpe diante de todos, propinoume unha puñada e díxome: 'Ti sabes polo que é, fillo de puta!'", explicou o alcalde.

 

Posteriormente, os axentes da Policía Local trasladaron ao detido a comisaría, onde pretaría declaración. O propio Jácome tamén se presentou na Comisaría de Ourense para interpor a correspondente denuncia.

 

VERSIÓN DA CONTORNA DE OUTEIRIÑO

Desde a contorna do propietario da cabeceira ourensá informan de que Outeiriño atopábase na cola para acceder xunto á súa muller ao concerto de Robert Plant no Auditorio de Ourense.

 

Segundo estas mesmas fontes, o concelleiro do grupo municipal de Democracia Ourensá Rafael Martínez, que se atopaba acompañando a Jácome , empezou, afirman, a "acosalos" gravándoo co teléfono móbil. Outeiriño pediu que deixase de facelo, aínda que o edil continuou. Foi entón cando tentaron apartartar o teléfono, dando comezo á presunta agresión.

 

No acto estaban presentes outros representantes do Goberno local como Antonio Fernández e Francisco Lourenzo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE