Gonzalo Pérez Jácome é investido de novo alcalde de Ourense
Tratábase esta de unha das alcaldías con máis incógnitas dentro das urbes galegas
Esta mañá, o Concello de Ourense celebrou a sesión constitutiva da corporación municipal, na que Gonzalo Pérez Jácome resultou elixido alcalde da cidade, contando cos votos do Partido Popular.
Así tivo lugar despois dun acordo entre o Partido Popular e Democracia Ourensá polo que esta última daría os seus votos ao #PP na Deputación de Ourense a cambio de que Jácome conservase o bastón de mando no Concello. O resulado da votación supuxo un empate entre Paco Rodríguez, do PSOE, e Jácome, de Democracia Ourensena, con 10 votos cada un, pasando así a continuar Jácome na alcaldía ao ser a lista máis votada.
Tratábase esta de unha das alcaldías máis disputadas e cuxa incógnita se trasladou até este último momento, pois aínda que as contas daban a alcaldía a Jacóme , podería existir un posible pacto entre as outras tres forzas políticas (#PP, #PSOE e #BNG), que finalmente non se deu.
Escribe o teu comentario