Mentiras e voto responsable

Redacción

“Unha mentira é como unha bóla de neve; canto máis roda (Rueda), 

máis grande vólvese”. Martin Lutero (1483-1546. Reformador alemán).


 

O 04/02/24, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocou aos cidadáns de Galicia a saír á rúa e dicirlle ao PP o que pensamos da Sanidade Real que temos no país e non a que nos queren vender desde os seus medios de comunicación e, especialmente, os de titularidade pública. O éxito da manifestación foi potente, e o Obradoiro quedou pequeno para recibir á xente que manifestou o seu rexeitamento á forma de administrar o ben máis prezado que temos que é a nosa saúde. Xente de todo o país e de todas as ideoloxías (e moitos votantes do PP) dixéronlle alto e claro, que o desmantelamento e a privatización do Sistema non é a solución.

 

As mentiras permanentes que nos contan: “a culpa é de Madrid”, a “valoración da Sanidade na Galicia é moi alta”, “ non temos médicos”, “non faltan pediatras”, “non se desmantelou ningún consultorio”, “o MIR é escaso para o que necesitamos”... Son desculpas de mal pagador e de alguén que non ten a conciencia tranquila e bótalle as culpas a calquera, con tal de non facer responsables dos seus propios actos.

 

Non temos médicos”: o MIR deste ano é o máis numeroso en prazas da historia da formación regrada para exercer; para que concedan un núm. determindo de prazas, débenas solicitar as CCAA segundo a súa capacidade de dar a formación. Si lle dan as que lle dan: son as que solicitou. Se non lle dan máis é porque non ten capacidade de formar a máis médicos. Si se presentan para Galicia, 621 médicos e ofértanse 207 prazas, o propio sistema deixa fóra a 414 profesionais que poderían optar a unha praza. Como que non hai médicos? É máis, as transferencias tenas Galicia desde o minuto un, pode convocar as prazas que lle fan falta, como fixo no 2022 que ofertou 176, presentáronse 350 con, o que deixou fóra 174, pero no ano 2023, ofertou 76, presentáronse 250 co que deixou fóra 174; insisto, como que non temos médicos? É a culpa de Madrid? Por suposto que non. Os orzamentos Galicia teñen que recoller o diñeiro que fai falta para convocar as prazas que fan falta, de médico, enfermaría, traballo social, etc. así como as categorías que non están nos C. de S. como psicólogos clínicos, fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, logopedas, etc. Unha Atención Integral supón ter todos estes profesionais nos C. de S…cousa que non fai o PP.
 

Cando se pregunta á cidadanía: que opina do Sistema Sanitario? Sempre rolda o 7...pero non é grazas aos administradores (que por isto non se pregunta nunca, por que será?); é grazas ao esforzo sobrehumano que fan as persoas que traballan día a día no Sistema.
 

Din que “non se desmantelou ningún consultorio”. Non só iso: camas nos hospitais, C. de S, prazas de médicos xubilados, cotas de profesionais nos C. de S. etc...como digo: amenten máis que falan!
 

Din que “non faltan Pediatras”: máis da mitade dos concellos da Galicia, están actualmente sen Pediatra...non hai máis preguntas señoría!
 

Din que o “orzamento para Sanidade, aumentou en 1.000 millóns de euros desde o 2008”. Como todo: é radicalmente falso, pois se sumamos o IPC desde ese ano deben investir este ano 181 millóns de euros máis; e tivemos unha pandemia e unha crise económica permanente pola excesiva subida dos prezos ano a ano.

 

Como argumento de descualificación da manifestación, di Rueda que “a manifestación é política”. Coma se isto fose un “insulto” para os convocantes. Só dicirlle que a estratexia galega de desmantelamento e privatización por parte do PP “SI QUE EE POLÍTICA” da que moitos dos actuais administradores levan máis de 20 anos vivindo. Ah, e o financiamento da Plataforma depende das entidades que a compoñen; sr. Rueda, sr. Comesaña: vostedes forman parte do PP,  CONDENADO DÚAS VECES POR CORRUPCIÓN E SENDO O PARTIDO MÁIS CORRUPTO DE EUROPA. E non falemos do financiamento que fan aos medios de comunicación (e sobre todo aos públicos) porque iso, cando se investigue, tamén será para condenalos, senón a nivel xudicial, si o farán as urnas.

 

O PP segue instalado na non aceptación do problema e si non cambia a tendencia, a Sanidade en Galicia, será desmantelada e para moita xente será xa irreversible.

 

Votaremos o 18 de febreiro con intención de reverter o problema sanitario actual e devolver á cidadanía a nosa saúde! De nós depende.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE