Espir un santo para vestir outro

Redacción

Nos últimos anos, cos gobernos do PP en Galicia: a precariedade laboral, a inestabilidade e a privatización (por desmantelamento) da Sanidade Pública, é algo evidente. Leva consigo que non teñamos persoal substituto para facer fronte ás vacacións, baixas e outros motivos de ausencia. A administración non atalla o problema de raíz, que pasaría por facer contratos estables, ter un salario digno e un futuro esperanzador na Sanidade Pública, cunha carreira profesional que permita aos profesionais ter un futuro prometedor.

 

Que sucede si falta un profesional en Muros? Desprázano de Outes... e que pasa en Outes? quedan sen ese profesional mentres está “a apagar o lume” de Muros… Que pasa si falta un pediatra en Lousame? Mándano de Noia... e que pasa en Noia? quedan sen o servizo. A falta de pediatra en Santa Comba, “resólvese” mandando aos nenos á Baña ou a Mazaricos. Si faltan en Bueu, derívanos doutro centro de saúde, co conseguinte déficit no servizo de orixe. Os veciños de Corrubedo levan varios meses mobilizar os xoves para demandar un médico a tempo completo…sen éxito! A problemática da asistencia sanitaria ocorre en todo o país: da Guarda a Laxe, da Mariña a Viana do Bolo. Hai falta de pediatra en Soutomaior (case un ano). No centro de saúde de Marín están sen cubrir seis médicos (de 14) e a espera media para consulta é de 15 días. Posible peche do consultorio de Ponche Sampaio. En Cangas teñen un déficit de persoal que xa fai insosteible as consultas acumuladas doutros profesionais. Na Mezquita solicitan médicos substitutos. Sen cubrir Ou Eixo. En Moaña seguen as mobilizacións para recuperar o Servizo de Urxencias. É a táctica de “desvestir un santo para vestir outro” (Emprégase cando se tenta arranxar algo... estragando outra cousa: segundo o refraneiro multilingüe do Centro Virtual Cervantes). É a solución? Desde logo que NON! E ademais: o Consello Económico e Social (nada sospeitoso) no seu informe anual, móstrase contundente na “mala xestión da Sanidade Pública Galega, con graves problemas de ineficiencia e xestión".

 

A precariedade laboral leva consigo que moitos profesionais se marchen a lugares lonxe de Galicia onde prestigian e dignifican a sanidade, cunhas condicións laborais que sexan atractivas para alguén que tivo que estudar e facer prácticas durante moitos anos e que, unha vez que finalizan a súa carreira, quere un posto de traballo acorde co esforzo realizado e que responsabilidade de quen exerce no Sistema Sanitario Público.

 

A irresponsabilidade de pagarlle o Complemento de Exclusividade a Médicos que traballan na Pública e na privada (sectores afíns ao PP e os Colexios Médicos) é de tal magnitude que o que era un diñeiro pola “Exclusividade” agora vai ser para todos, co cal o concepto queda desvirtuado e será un pau máis para os profesionais que só traballan na Pública

 

Outro “santo” que se desviste: o de realizar as Interrupcións Voluntarias do Embarazo na Sanidade Pública Galega. O dereito das mulleres en Galicia, grazas á “ocorrencia” desta semana do SERGAS, verase privado e os abortos realizaranse nunha entidade privada. Pagaranse 1,4 millóns de euros, en 3 anos, prorrogables por outros 2 (até 2,5 m. de €.) para realizar o que debería estar garantido na Sanidade Pública; din que “ante a falta de recursos, tanto materiais como humanos no servizo sanitario público”. Ah...e o da Obxección de Conciencia, como escusa, é un mecanismo non regulado pola administración do PP e un caixón de xastre que exime, por cuestións ideolóxicas, de defender os dereitos das mulleres galegas. En Galicia non existe un Rexistro de Objetores de Conciencia o que vulnera a legalidade. Outro chanzo máis na privatización (á vez que desmantelamento) da Sanidade Pública Galega.

 

A Inspección da Xunta das Residencias de Maiores “avisa” de cando van facer as inspeccións, para que poidan adaptar as residencias a visita dos inspectores.
 

Da falta de profesionais en Saúde Mental e das dramáticas listas de espera para un problema tan importante, falaremos noutro artigo. O futuro…Deus dirá!


 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE