Galicia e as eleccións xerais

Manoel Barbeitos
Economista

Que conclusións pódense sacar de face as autonómicas do 2024? Unha indiscutible: que o Partido Popular colócase nunha clara pole position en relación cos outros partidos polo que as esquerdas terán que facer un gran esforzo para superar a súa evidente desvantaxe. 

 

Ana Pontón
Ana Pontón


 

O resultado das últimas eleccións xerais, 23 de xullo, non deixa lugar ás dúbidas: as dereitas extremas (PP) seguen a seren a forza claramente maioritaria en Galicia. Hai unha maioría social que ao longo de tempo se mostra relativamente fiel a estas forzas conservadoras (por caso, no tempo que levamos de autonomía as dereitas extremas sempre gañaron as eleccións autonómicas agás a convocatoria do ano 2005). Velaí que este último resultado de pe a unha certa reflexión pois si na convocatoria do 2019 as esquerdas sacaron mais deputados (13) que as dereitas extremas (10), nesta de xullo do 2013 o Partido Popular (13) superou en deputados a suma das esquerdas (13, fronte a 10: 7 o PSOE, 2 Sumar e 1 o BNG).

 

Un resultado que merece unha dobre avaliacióna nivel de estado e a nivel autonómico. A nivel de estado cabe interpretalo como un voto de censura ao goberno de progreso (PSOE/UP) centrado fundamentalmente no PSdeG-PSOE (perdeu 3 deputados) que, por razóns como as que indicarei a continuación, non foi quen de defender e explicar con coherencia e lucidez as moitas e importantes medidas aprobadas polo goberno de quenda (PSOE/UP) que tiveron ás clases de rendas medias e baixas como principais beneficiarias (asalariados/as, autónomos/as, pensionistas, dependentes,...). As razóns hai que buscalas na enorme fraxilidade política e ideolóxica dunha organización (PSdeG-PSOE) que non parece quen tanto de superar definitivamente as loitas fratricidas como de dotarse dunha personalidade política que se axuste a realidade de Galicia algo que, por caso, se pon de manifesto na súa incapacidade para trasladar sequera o apoio nas municipais ás xerais e ás autonómicas.

 

Unha censura que, aínda que en menor escala e por razóns distintas, tamén abrangue ao BNG cuxo resultado quedou moi lonxe das súas aspiracións que se fixaran na consecución dun grupo parlamentar propio. Resulta indiscutible que a confianza que, por caso, Ana Pontón transmite pensando na Presidencia da Xunta de Galicia non se repite cando se trata das eleccións municipais e, moi especialmente, das xerais. Neste caso ben faría o BNG en recoñecer que o resultado, sen xénero de dúbidas, reflicte unha clara desconformidade do seu electorado coa estratexia seguida no Parlamento español. 

 

Non cabe dúbida de que SUMAR se viu beneficiada polos malos resultados das forzas anteriormente citadas recollendo o voto daqueles/as cidadáns de esquerdas e soberanistas a quen nin o PSdeG-PSOE nin o BNG convencen. A pesar diso SUMAR quedou moi lonxe do resultado obtido, por caso, por EN MAREA no ano 2015.

 

Que conclusións se poden sacar de cara as autonómicas do 2024?. Unha indiscutible: que o Partido Popular (PPG) se coloca nunha clara pole positión en relación con os outros partidos polo que as esquerdas terán que facer un grande esforzo para superar a súa clara desvantaxe. Que o PSdeG-PSOE sen un líder claro, con divisións internas, sen un programa axeitado a realidade galega dificilmente logrará os votos suficientes para liderar unhas esquerdas con posibilidades de acceso ao Goberno da Xunta. Que o BNG, a pesar da grande simpatía cidadán que desperta a súa lider Ana Pontón, non logra convencer a esa parte do electorado que, sen comungar coa UPG, estaría disposta a apoiar unha opción soberanista para que fora quen de acceder a Presidencia da Xunta de Galicia. Que SUMAR resulta unha incógnita aínda que parece destinada a seren un complemento das outras dúas forzas de esquerdas. 

 

Queda moito tempo e polo camiño poden suceder moitas cousas que fagan cambiar a orde actual. Pero parece difícil, moi difícil. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE