Durante a campaña electora chegáronse a dicir tantas cousas que agora aos populares fáiselle imposible pactar con alguén máis que non sexa VOX, aínda que lle seguen faltando votos. Iso sucede pola cantidade importante de estupideces que chegaron a dicir sen dar conta que se estaban quedando sen posibles apoios Por que o fixeron? Por prepotencia
“Temos dúas orellas e unha soa boca, xustamente para ouvir máis e falar menos”, dicía o filosofo grego Zenón de Citio. Unha afirmación que non sempre é escoitada polas persoas que se dedican a iso da “nobre” profesión da política. En demasiadas ocasións fálase máis da conta, escóitase pouco e fíltranse informacións interesadas que deberían pertencer á privacidade dos interlocutores.
Transcorreron poucos días desde as votacións do 23-J, cos resultados que todos coñecen. Os números non cadran para que o PP poida gobernar, mentres que o PSOE, sumando á esquerda, a extrema esquerda e demais, é posible que o consiga cun alto custo que algúns piden para votalo.
Durante a campaña electoral, moi dura por certo, chegáronse a dicir tantas cousas que agora aos populares fáiselle imposible pactar con alguén máis que non sexa VOX, aínda que lle seguen faltando votos. Iso sucede pola cantidade importante de estupideces que chegaron a dicir sen dar conta que se estaban quedando sen posibles apoios Por que o fixeron? Por prepotencia: dispuñan nos últimos días de enquisas que lle daban uns resultados moi altos. Chegáronllo a crer e aí estivo o erro do líder e do seu grupo de asesores que se subiron nunha nube sen discernir que nesas situacións os pés deben estar a pisar terra, e a euforia antes de tempo é mala conselleira. É un grave erro que se adoita pagar moi caro.
Nas eleccións municipais e autonómicas, con resultados para todos os gustos, os pactos non sempre se axustaron a que goberne o partido máis votado. Os pactos do PP con Vox fixeron que iso non ocorrese, exemplo de Estremadura, entre outros. Agora o PP, a través do seu líder e membros da executiva e presidentes autonómicos, chama a “reflexionar” e que o PP debe asumir a responsabilidade de conformar un Goberno porque é a primeira forza política. Cuca Gamarra salgue en tromba e apela á “responsabilidade” do PSOE e de Pedro Sánchez para buscar que España sexa gobernable. Unha petición que caeu en saco roto, Sánchez non quere nin ouvir falar do tema. Este luns, Feijóo enviáballe unha carta ao líder socialista para falar. A resposta foi que despois de que o Rei Felipe designe ao candidato, até entón non se verán as caras. Por certo, vaia papeleta deixáronlle ao Rei, que debe decidir unha vez haxa escoitados aos partidos políticos e coñecer quen teñen máis apoios, PP ou PSOE. Só entón tomará a decisión de sinalar ao candidato.
Mentres, as negociacións seguen en todos os lados. Iso si, sen filtracións de momento, para que cando chegue o día sinalado solten a bomba que algúns intúen, e que ninguén se atreve a dicir. As vacacións para algúns van ser un calvario, case non gozarán delas, pensando no que lles vén encima e a capacidade da que dispoñen para saír do envurullo no que están. Máis dun está mohíno, quizais pensando que quen lle haberá mandando meter en semellante lea. A política é así e as urnas en moitas ocasións fan unha gran jugarreta que propicia estraños compañeiros de viaxe. Dicía Churchill que "si comezamos unha discusión entre o pasado e o presente, descubriremos que perdemos o futuro".
Escribe o teu comentario