Nado en 1988. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. É de Narón e traballa no almacén loxístico de Supermercados Lidl SAU Narón dende 2015.
Esforzámonos día a día por facer crecer a empresa, e con todo, as nosas voces e as nosas necesidades foron ignoradas e desatendidas. A pesar diso, o que conseguiron é a maior unión que xamais se puideron imaxinar nas máis de 100 persoas que día a día esperemos na porta a que descolguen o teléfono.
Nun mundo no que as grandes empresas parecen ter carta branca para actuar como lles plazca, os traballadores enfrontámonos a unha loita constante polos nosos dereitos. Hoxe, quero compartir a miña experiencia coa esperanza de que sirva como chamado de atención a aqueles que teñen o poder de cambiar as cousas.
A verdade é que estou profundamente decepcionado coa forma en que a miña empresa, Lidl, tratou aos seus traballadores desde o pasado 14 de febreiro, mesmo antes.
Esforzámonos día a día por facer crecer a empresa, e con todo, as nosas voces e as nosas necesidades foron ignoradas e desatendidas. A pesar diso, o que conseguiron é a maior unión que xamais se puideron imaxinar nas máis de 100 persoas que día a día esperemos na porta a que descolguen o teléfono. A impunidade coa que se comportan os grandes empresarios é algo que me indigna.
A folga é un dereito e vulnerala un delito, e así vimos cos nosos propios ollos como día tras día pisaban o noso dereito con todo tipo de argucias que nin nas películas hollywoodienses.
Preparadores pantasma, "asaltos a media noite", esquirolajes de mobilidade e funcionalidade con xefes "baixando ao barro" e outras plataformas realizando o que con normalidade fariamos nós. E si non foi suficiente, até unha "empresa" de seguridade privada, quixo pola forza, sacarnos dunha porta á que tantos días levamos chamando.
Por que se lles permite actuar sen ningún tipo de problema mentres os traballadores somos quen sufrimos as consecuencias das súas decisións? Isto non pode seguir así.
Pero, a pesar de todo isto, non imos quedarnos de brazos cruzados. Como traballadores, temos o dereito de loitar polo que nos corresponde. Imos seguir defendendo os nosos dereitos e traballando xuntos para asegurarnos de que se nos trate co respecto e a dignidade que merecemos.
A miña esperanza é que esta historia, sirva como recordatorio de que, aínda que as empresas poidan parecer poderosas, son os traballadores quen realmente fan que as cousas sucedan. Xuntos, podemos lograr un cambio real e traballar para un futuro no que os dereitos dos traballadores sexan respectados e protexidos.
Escribe o teu comentario