Coa Wifi ninguén chama á porta: como protexer a nosa conexión á Rede

A WiFi non é un sistema invulnerable, por iso vólvese cada día máis necesario o coñecer diferentes métodos, códigos e barreiras que protegan as nosas conexións domésticas para evitar, no posible, o roubo de datos informáticos e persoais


|

El programa 'Escuelas conectadas' conectará con redes WiFi a 700 centros educativos extremeños
Computador

 

 

A protección da nosa conexión á Rede volveuse un asunto cada vez máis perentorio. Os diferentes tipos de ameazas aumentan tanto en número como en complexidade para retiralas se se instalaron nos nosos sistemas. De aquí parte a necesidade de posuír un escudo antivirus, antimalware, anti...o que sexa para protexer a nosa intimidade en Internet ademais das diferentes interfaces que compoñan a Internet do noso fogar. 

 

A conexión WiFi é xa imprescindible para poder realizar a maioría das nosas tarefas, desde as máis simples ás que inclúen o noso traballo diario, operacións bancarias, correos, redes sociais, os nosos perfís, etc. Todo isto conforma un suculento tesouro para minar os nosos datos e manexalos para o seu beneficio, moitas veces sen darnos conta. Nada novo nesta incipiente era dixital. Pero o que moitas veces esquecemos é como protexer a nosa seguridade dixital doméstica. Isto sucede, quizá, pola comodidade de dar as ordes pertinentes e ver como todo funciona. E si de súpeto as nosas contas aparecen buxán, ou a pantalla non pasa do negro ás imaxes ou que nin se pode enviar un whatsapp? A sensación de impotencia pode ser moi grande e o arrepentimento por non actuar a tempo contra os elementos que danaron nosa WiFi.

 

O RISCO QUE ESTÁ AÍ

A maioría dos usuarios estamos mal afeitos porque nos deixamos levar pola inercia do "non creo que pase nada" ao ver como todos os días a nosa conexión funciona correctamente. Cremos facer os deberes despois de configurar todas as actualizacións e de descargar e instalar os pluggins necesarios, todo está listo, pero sen saber por que, nada funciona.

 

As Wifis deben estar protexidas contra todo tipo de malwares que circulan pola Rede e é que non facelo é expor a nosa privacidade aos catro ventos, mesmo datos tan sensibles como as nosas contas bancarias e datos persoais. Isto pode suceder, por exemplo, á hora de realizar actualizacións, nalgunha delas pode haber un "driver" que non encaixa ou que falta e xa non temos son no computador ou na tele

 

É duro de recoñecer, pero as conexións inalámbricas son moito menos seguras que as conexións por cable, debido á natureza dos sinais de radio poden ser interceptadas e pirateadas (o ou a veciña que nos piratea nosa WiFi). Para que isto non sucedese creáronse protocolos de seguridade que co tempo evolucionaron pasando de protocolos moi permeables á última versión, WAP3.

 

Actualmente o protocolo WPA3 preséntase como o máis seguro para protexer redes WiFi domésticas, pero tamén organizacións e entidades públicas úsano ao ofrecer un nivel de seguridade elevado segundo os expertos. Aínda así, non estamos ante a solución perfecta nin de lonxe, pois é un feito que a evolución do software malignos e virus vai moi rápida. 

 

RECOMENDACIÓNS PARA MANTER A SEGURIDADE DA WIFI

Todo aquilo que se poida recomendar é pouco si queremos manter limpa e segura a conectividad do noso fogar. Por iso pídese que o firmware do router estea ao día ante os posibles puntos débiles de nosa WiFi. 

 

Os contrasinais deben ser fortes. Si, xa se dixo por activa e por pasiva que os contrasinais non deben ser simples, como "123..", ou pór datas de aniversarios e outro tipo de aniversarios. É unha boa idea o xogar con letras, números e símbolos (189ahg#$&) por exemplo. Mesmo si son algo máis longas mellor, iso si, cambialas de cando en vez tamén axuda e moito.

 

O router que nos compramos ten un nome de usuario e un contrasinal de fabricante. Ben, pois o primeiro paso de todos debe ser cambiar estes dous elementos. O nome de usuario figura nunha base de datos e o mesmo que o contrasinal, por tanto, é verosímil que se poidan apropiar deles alguén con quen non teriamos ningún interese en facelo.

 

Ademais disto, é aconsellable a desactivación da WPS pola súa vulnerabilidade. E o máis básico: usar HTTPS, sobre todo se accedemos a sitios web onde se usará información como datos bancarios, profesionais e persoais.

 

RECOMENDACIÓNS DA POLICÍA NACIONAL

A propia web da Policía Nacional e a Oficina de Seguridade do Internauta ofrecen as mesmas pautas que se enumeraron e outras tamén imprescindibles para unha boa seguridade. Cambios de IP e contrasinal predeterminados, actualizar o nome da rede evitando nomes que poidan axudar a identificarnos e usar contrasinais complexos.

 

Xunto a isto, os dous organismos aconsellan configurar o cifrado WAP2. Aconséllanse as versións WAP2-PSK ou por WPA/WPA2-PSK si seica aparece algunha incompatibilidade. Débense filtrar direccións MAC limitando o acceso a dispositivos específicos. Por último, desactivar WPS para diminuír as vulnerabilidades.

 

QUE NOS PODE PASAR SI BAIXAMOS A GARDA?

O primeiro, o roubo da nosa identidade, é dicir, os nosos números de DNI, Seguridade Social e outros para cometer fraudes, estafas, etc., e que finalmente poden repercutir na nosa persoa. Tamén pode haber problemas legais por uso indebido da rede por parte de terceiro con consecuencias graves que non quedan só en cuestións técnicas.

 

A seguridade da WiFi é tan necesaria como colocar peches de seguridade nas portas das nosas casas. Isto implica protocolos fortes, WPA3, e sumarlles todas as medidas descritas. Sobre todo, actualizar códigos, contraseñales e nomes de usuarios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE