Rexeitan a solicitude de autorización para realizar verteduras desde a mina de San Finx

Os colectivos ambientalistas alertan da posibilidade de fuxida por parte da empresa, Metais Estratéxicos, propiedad del geólogo peruano Álvaro Fernández Baca


|

Sanb finx
Sanb finx


A asociación Plademar Muros-Noia todos os colectivos sociais e de defensa do mar agrupados na plataforma contra as verteduras da mina de San Finx, situada en Lousame, veñen de celebrar que Augas de Galicia resolvese revogar a autorización de verteduras de augas residuais que outorgara fai agora un ano, en febreiro de 2023, e que puxera en pé de guerra a toda a comarca.

 

A revogación produciuse logo de que os colectivos sociais puxesen en evidencia como a empresa viña ignorando o condicionado repetidamente da autorización, o que levou a que a principios deste ano se impuxese unha sanción de 180.000 euros pola comisión dunha infracción grave deriva das verteduras con concentracións elevadas de substancias tóxicas incluíndo cadmio, cobre, cinc e níquel.

 

A autorización tamén fora recorrida xudicialmente tamén por Ecoloxistas en Acción como polas confrarías de pescadores de Noia e Portosín así como por varios concellos da ría, dadas as irregularidades no procedemento de autorización. Aínda que os colectivos festexan unha resolución que frea en seco a vertedura de case 1000 millóns de litros de augas residuais ao ano, consideran que o paso da Xunta busca evitar que os pronunciamentos xudiciais expoñan as irregularidades, que tamén son obxecto dun procedemento penal separado.


 

ANUNCIO DE NOVAS ACCIÓNS

A decisión anunciada hoxe dá a razón aos numerosos colectivos personados no procedemento, que desde 2016 "veñen poñendo en evidencia as falsidades da empresa mineira e da Consellería de Economía e Industria, mais non pon fin ao conflito". Por iso, Plademar Muros-Noia anuncia novas accións xunto cos demais colectivos da plataforma para poñer unha "solución definitiva ás verteduras da mina, que pasa polo selado e taponado das galerías de desaugue e a reindundación das labores mineiras en condicións de seguridade a perpetuidade".

 

Tamén iniciarán medidas legais para esixir a revisión e cumprimento do plan de restauración aprobado ilegalmente en 2009, incluíndo a eliminación da escombreira e a retirada dos residuos mineiros acumulados nas presas e balsas construídas sobre o leito do río e que se encontran en estado crítico. «A finais de 2020 a Xunta aprobou unha actualización do plan de restauración cun orzamento de apenas 187.000 euros, cando desde os colectivos ecoloxistas e do mar cifrabamos o custo necesario en non menos de 10 millóns de euros», denuncia Joám Evans, voceiro de Ecoloxistas en Acción e da plataforma comarcal.
 

Ante o risco de fuga da empresa, Metais estratéxicos, cuxo único socio é o peruano Álvaro Fernández Baca desde o pasado marzo, esixen o establecemento de caucións por ese valor que permitan a posta en seguridade da explotación. Destacan ademais "o pasado escuro do propietario e investidores que exercen o control real da empresa, con antecedentes de violacións dos dereitos humanos en Colombia".

 

De feito, a empresa non enviou a ningún dos seus administradores para comparecer ante o Xulgado de Noia cando foi chamada a declarar fai un mes como imputada por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais.
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE