Convocada para este domingo unha concentración en Vigo en repulsa do crime machista de Oroso
A concentración será ás 19:00 horas diante do Museo MARCO
A Plataforma Feminismo Unitario de Vigo convocou para este domingo unha concentración en repulsa do crime machista que tivo lugar este pasado venres en Sigüeiro, no municipio coruñés de Oroso.
Segundo informaron nun comunicado, a concentración será ás 19:00 horas diante do Museo MARCO. Fixeron así un chamamento á mobilización para esixir a todos os poderes do Estado que "tomen cuantasmedidas sexan necesarias para atallar o terrorismo machista".
Pola súa banda, na xornada deste pasado sábado, verinos de Oroso e a súa corporación municipal, encabezada polo alcalde, Alex Doval, gardaron un minuto de silencio ás 12:00 denlante do edificio do Concello en recordo da vítima.
Doval fixo así unha invitación á "reflexión colectiva". "A promoción de igualdade entre homes e mulleres, a súa construción real e efectiva, corresponde a todos", apuntou.
A Garda Civil confirmou, na xornada do venres, que o home de 88 anos matou á súa muller de 80 cunha arma branca e despois suicidouse. Os corpos foron atopados pola nora cando chegou á vivenda, situada na rúa Castaños.
Escribe o teu comentario