CUT Stellantis denuncia a sanción a un traballador cunha discapacidade do 54%

Segundo afirma o sindicato nun comunicado, a empresa esíxelle ao traballador a mesma produtividade que a unha persoa sen discapacidade


|

Photo 2023 04 28 15 19 22
Concentración na porta de Stellantis, en Vigo / Foto: CUT

O grupo sindical da CUT de Stellantis Vigo, xunto co comité de empresa de Limpeza SAMAIN, do grupo CLECE, realizou este pasado venres unha concretación na porta de Stellantis para denunciar a continua precarización das condicións laborais, nas que non se respecta a seguridade e saúde no traballo.

 

Denunciaban por unha banda que a empresa esixise a un traballador cunha discapacidade do 54% que traballase coa mesma produtividade que unha persoa sa, "esixíndolle que reconduza a súa actitude coma se puidese deixar a enfermidade nos tornos da entrada", aseguraron desde o sindicato. Así, aseguran que "a empresa continúa coa campaña de represión cara ao único sindicato que lle fai fronte aos continuos retrocesos sociais, laborais e na saúde das persoas traballadoras".

 

Nesta concentración denunciaron tamén o non recoñecemento das enfermidades profesionais, xa que aseguran que na empresa recoñécense unha media de 25 ao ano, para un persoal aproximado de 6.000 traballadores.

 

Así mesmo, afirman que non existe unha adaptación dos postos de traballo, "onde só prima a produtividade e non téñense en cuneta a repetitividad das operacións". Tamén denuncian "os altos ritmos e cargas de traballo, con numerosas operacións por encima do tempo ciclo", así como "o completo desaxuste das composicións, que alteran o ritmo de traballo diario", a "incerteza de non coñecer os días de parada ou o traballo cunha antelación suficiente para poder organizar as súas vidas" ou a falta de limpeza e hixiene industrial.

 

Aseguran que isto último fai que pareza cada vez máis "unha fábrica abandonada" ou "terceiromundista", non soamente nos útiles industriais, senón tamén nas zonas comúns.

 

Desde a CUT denuncian que toda esta "degradación das condicións" e a "precariedade laboral e económica do sector" ten como único fin aumentar o márgen de beneficios, "penalizando a saúde física e mental dos traballadores".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE