Unha vixiante de seguridade de Decathlon, sancionada por negar a desalarmar os pedidos online

A vixiante foi suspendida durante 55 días de emprego e soldo


|

Tienda Decathlon de gran formato en Sant Cugat del Vallès (Barcelona) en el centro comercial Sant Cugat e inaugurada el 22 de noviembre de 2019
Arquivo - Tenda Decathlon

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sancionou con 55 días de suspensión de emprego e soldo a unha vixiante de Eulen que traballaba nun Decathlon por negar a desalarmar os pedidos online, alegando que non formaba parte do seu traballo.

 

A vixiante, que traballaba para a empresa Eulen desde 2016, e que xa tivera outros tres preitos coa empresa de seguridade, foi trasladada en 2021 a traballar nunha tenda de Decathlon no parque empresaria do Meixoeiro, en Vigo . En marzo de 2021 a sancionada atopábase na súa xornada laborar cando comezou a dicirlle aos empregados e clientes que se negaría, desde ese día, a desalarmar os pedidos online por non formar parte do seu traballo. Os responsables da tenda, sen entender o motivo, acudiron a falar con ela. Respondeulles que falasen coa empresa se tiñan algún problema co seu traballo.

 

Uns días despois notificáronlle a través dunha carta a sanción de 55 días de suspensión de emprego e soldo, xa se negou a realizar parte do seu traballo "de forma totalmente inxustificada e imprevista para a empresa". Tipificaron este feito como "moi grave" para Decathlon por ser unha "función básica de seguridade". Nesta misiva indicábase tamén que o comportamento da vixiante "non era un momento puntual de ofuscación", pois esta mantívose firme na súa decisión.

 

A vixiante de seguridade, non conforme coa sanción, acudiu aos tribunais. Nun primeiro momento, o Xulgado dos Social Nº7 de Vigo non lle deu a razón, polo que presentou un recurso ante o #TSXG.

 

Solicitou que se modificase parte da sentenza de primeira instancia e que se escribise, entre as súas liñas, que "as instrucións sobre un determinado servizo deberían ser impartidas polos xefes e directores de seguridade", e que para aqueles traballadores que prestan servizo en centros comerciais, "deberíaselles impor unha formación específica".

 

Quedando finalmente probado que a vixiante si recibira formación específica sobre as tarefas que se negou a executar, os maxistrados cualificaron de "inutil" esta alegación.

 

A acusada apuntou tamén a que a sanción debía ser declarada como improcedente ao ser cualificada como grave no artigo 73.4 do Convenio estatal de seguridade e que tería que ser tipificada unicamente como "grave", en lugar de "moi grave", que se daría soamente se supuxese un prexuízo grave para a empresa. Algo que a vixiante nega, pois, afirma que "desalarmar produtos de venda online non era o seu traballo".

 

Finalmente, debido a que a vixiante levaba traballando en Decathlon desde 2019 e que si recibira formación por parte do seu anterior compañeiro, confirmaron a sanción imposta como "moi grave".

 

UN TOTAL DE CATRO PREITO CONTRA EULEN

A sancionada tamén tivo anteriormente outros preitos con Eulen . En 2020 demandou á empresa por unha modificación substancial das condicións de traballo, pero as súas solicitudes foron tmabién denegadas polo Xulgado dos Social Nº6 de Vigo.

 

Pola súa banda, en 2021 demandou tamén a Eulen para reclamar un plus económico en concepto de transporte, uniforme e perigo, a cal foi estimada parcialmente polo Xulgado do Social Nº4 de Vigo.

 

Finalmente, meses despois deste segundo preito levou unha vez máis á entidade aos tribunais por un recoñecemento de dereitos, aínda que tampouco neste caso déronlle a razón.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE