Denuncian o ataque á paisaxe do proxecto eólico na Costa da Morte

A Asociación Salvemos Cabana consideran este proxecto unha invasión aos terreos protexidos polo Convenio Europeo da Paisaxe 


|

Archivo - Varias vacas pastan junto a un aerogenerador eólico en el Parque eólico de Montouto, de la Serra do Xistral, en la comarca de Terra Cha, a 22 de febrero de 2022, en Abadín, en Lugo, Galic
Arquivo - Varias vacas pastan xunto a un aeroxerador eólico no Parque eólico de Montouto, na Serra do Xistral

A Asociación Salvemos Cabana denunciou a través dun comunicado o alto impacto visual que terán o dez eólicos do proxecto multinacional EDP Renovables, situados entre as comunidades de Laxe, Vimianzo e Camariñas. Trátase, asegunran, duns aeroxeradores que se situarán moi próximos a unha paisaxe protexida, "asediando" así os Penedos de Pasarela e Traba e condicionando, afirman, a futura ampliación da Rede Natura na Costa da Morte.

 

Afirman que xa hai que sumarlle tamén a incidencia de seis eólicos máis, que están integrados no deseño do Monte Chan, tamén situado a 200 metros de altura en punta de pa, ademais dos dos proxectos Soesto e Pena de Mouros, con dúas e sete aeroxeradores respectivamente.

 

Estes lugares están amparados polo Decreto 294/2008. Desde Salvemos Cabana aseguran que aínda que os eólicos "non invaden de facto os terreos da área protexida, si condicionan a visibilidade da súa contorna inmediata, o que deixa en papel mollado o estipulado no Convenio Europeo da Paisaxe".

 

O CONVENIO EUROPEO DA PAISAXE

O Convenio Europeo da Paisaxe trátase dun documento asinado en Florencia , o 20 de setembro de 2020, polos Estados Membros do Consello de Europa. Nel indícase que uns dos fins do Consello de Europa é o de "salvagardar e promover os ideais e principios que son o seu patrimonio común, e que este obxectivo se perseguen en particular mediante a celebración de acordos nos campos económico e social".

 

Neste texto indícase que a paisaxe "desempeña un papel importante de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, medioambiental e social". Sinala así mesmo que a paisaxe supón un recurso a favor da actividade económica e que é necesaria a súa correcta protección e a dos seus valores e áreas de influencia, para así "contribuír á creación de emprego".

 

INDICENCIA DO COMPLEXO EÓLICO COSTA DA MORTE

Este parque eólico atópase integrado no coñecido como 'Complexo eólico Costa da Morte'. O mesmo, conta cun total de 35 eólicos. Este complexo, segundo denuncia a Asociación, impedirá "na a práctica a ampliación da Rede Natura demandada polas autoridades europeas", pois, segundo indican no seu comunicado, converterán á Costa da Morte "nun mar de turbinas eólicas e redes de alta tensión".

 

A Asociación Salvemos Cabana aproveitou para denunciar que Galicia se atopa á cola da Rede Natura, pois é unha das que menos superficie protexida ten. A Comunidade Autónoma galega conta cun 12% de territorio baixo esta protección, a metade da porcentaxe que a media do Estado e catro veces menos que outras comunidades como é o caso de Canarias, co 42,4%; Madrid, co 39,9%; A Rioxa, co 33,2%, ou Estremadura, co 30,2%.

 

Así mesmo, indican que o plan presentado pola Xunta de Galicia para a xestión e protección de espazos naturais "incumpre de maneira sistemática os requisitos dos Directiva Hábitats con respecto ás zonas especiais de conservación".

 

CORRECCIÓN Ao PROXECTO DE 2017

En febreiro do ano 2017 a Xunta de Galicia tamén estivo no punto de mira, pois unha parte das instalacións do parque eólico de Monte Chan ía afectar directamente á zona dos Penedos de Pasarela, o que xerou moitas protestas.

 

Meses despois, a promotora, EDP Renovables, deu marcha atrás e anunciou que non se instalarían eólicos nesa zona. Agora, co novo plan eólicos sitúanse ao oeste, de maneira que evitan a zona protexida. O estudo de impacto do novo proxecto indica que "se procedeu a recolocar algunhas das posicións, de forma que na Paisaxe Protexida dos Penedos e Traba, co deseño desta alternativa, non queda ocupado de forma permanente ningún aeroxerador nin ningún viario, só produciríase afección directa durante a fase de obra por escavación de gabia de cableado".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE