O incendo de Pantón queda extinguido once días despois do seu inicio e tras calcinar 1.805 hectáreas
A UME colaborou na súa extinción, ademais de 25 técnicos, 273 axentes, 327 brigadas, 175 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro, que finalmente calcinou 1.805 hectáreas.
Segundo informou o departamento autonómico, o lume quedou extinguido ás 17.39 horas deste luns tras haber iniciado o pasado 18 de setembro ás 14.16 horas.
As chamas queimaron unha superficie de 1.805 hectáreas, parte delas no concello de Sober, das cales 1.517 son arboredos e as 288 restantes, rasas.
Para a súa extinción, a Xunta mobilizou a un total de 25 técnicos, 273 axentes, 327 brigadas, 175 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Escribe o teu comentario