Máis pintadas racistas en Lugo, esta vez contra os "mouros de merda" á beira dunha mesquita
Esta acción súmase aos dous ataques vandálicos que sufriu a sede do PSOE provincial nos últimos días.
As inmediacións da mesquita As-Salam, situada na zona norte da cidade de Lugo, foron obxecto de pintadas insultantes e símbolos de inspiración nazi.
Na madrugada deste luns apareceron pintadas frases nas que se podía ler "mouros de merda", que foron realizadas durante a noite nunha fachada da rúa Túnel de Oural próxima. Trátase do primeiro ataque destas características do que se ten constancia na zona.
De feito, no barrio existe unha ampla comunidade islámica, "totalmente integrada", como sinalan, que vive en paz con todos os seus veciños. Afirman non sentir medo, xa que ademais de ser a primeira vez que se produce, non existen razóns para enturbar unha relación que é boa co resto de residentes dá zona.
PINTADAS NA SEDE DO PSOE
Este episodio súmase a outros incidentes recentes dirixidos contra o PSOE. En concreto, nos últimos días, a sede socialista en Lugo foi obxecto de dous actos vandálicos, ambos con mensaxes de odio e referencias de extrema dereita. Nun deles apareceu os pintada "Cans, Vox é a solución", evidenciando un clima de tensión que preocupa tanto a veciños como a representantes políticos.
As autoridades locais condenan enerxicamente estes actos, que consideran unha ameaza directa contra a convivencia e a tolerancia, e manteñen aberta a investigación para identificar aos responsables.
Escribe o teu comentario