O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, descartou reforzar a videovigilancia na cidade por mor da pintada coa que amenceu unha estatua da fachada da Catedral este luns. "Non pode haber unha cámara e un axente detrás de cada visitante e cada veciño", declarou.