Declarado un incendio en Pobra do Brollón próximo ás vivendas de Golmar, Conceado e San Pedro
Decretouse a situación 2 de emerxencia polo lume na localidade lucense.
Un incendio no municipio lucense da Pobra do Brollón, orixinado na parroquia de Abrence, obrigou a declarar a situación 2 de emerxencia.
Así o confirmou a Consellería de Medio Rural, que sinalou que a decisión se toma como medida preventiva ante a proximidade das chamas aos núcleos de Golmar, Conceado e San Pedro.
Polo momento, as estimacións sinalan que afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas.
Ademais, Adif informou de que, dado que o lume se atopa próximo á vía, interrompeuse a circulación entre San Clodio Quiroga e Pobra de Brollón, da liña Monforte de Lemos-Ponferrada.
Escribe o teu comentario