Un motorista falece tras chocar contra un turismo no concello lucense de Barreiros
O paciente, a pesar dos esforzos do persoal sanitario, faleceu durante o seu traslado ao HULA.
Un motorista faleceu durante o seu traslado ao Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA) ao ser evacuado tras chocar cun turismo no municipio lucense de Barrieros.
Segundo informou a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o suceso produciuse este domingo sobre as 12.21 horas e até o punto desprazouse unha ambulancia asistencial de SVA.
O paciente, a pesar dos esforzos do persoal sanitario, faleceu durante o seu traslado ao HULA.
Escribe o teu comentario