Falece un home en Becerreá ao envorcar o seu tractor
Até o lugar dos feitos desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia e a Garda Civil
Un home faleceu durante a tarde deste venres tras sufrir un accidente co seu tractor en Becerreá, concretamente na parroquia de Guilfrei.
Segundo informa o 112 Galicia, foi ao redor das 11.15 horas cando se recibiu o aviso duns particulares, quen informaban de que, tras botar en falta a un veciño, atopárano xa falecido xunto ao seu tractor.
Até o lugar dos feitos desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia e a Garda Civil.
Escribe o teu comentario