Gueimunde (PP) será alcaldesa de Viveiro tras o pacto con Por Viveiro, liderado por un ex-do BNG
Bernardo Fraga foi o líder local nacionalista de Viveiro hai unha década. Agora lidera un partido localista que, tras iniciar a lexislatura apoiando ao bipatirto de esquerdas, vai a desvancarlo apoiando ao PP a cambio duns investimentos na vila que financiará a Xunta. O PSOE tentou parar a manobra prometendo investimentos estatais.
O Partido Popular e a formación independente Por Viveiro alcanzaron un pacto que podería pór fin a máis de dúas décadas de goberno socialista no municipio lucense. A reunión decisiva tivo lugar onte no Hotel Thalasso Cantábrico As Sirenas.
Despois de semanas de intensas negociacións, o panorama político en Viveiro está a piques de dar un xiro radical. O encontro entre Bernardo Fraga Galdo, portavoz de Por Viveiro, e Mariña Gueimunde, líder do PP local, culminou nun acordo que achanda o camiño para unha moción de censura contra o actual goberno PSOE-BNG.
A alianza entre estas dúas formacións viña xestando desde hai tempo, especialmente tras a ruptura de Por Viveiro cos socialistas hai aproximadamente dúas semanas. O motivo principal do desencontro foi o suposto incumprimento de investimentos acordados en xullo de 2023, que permitiron a investidura de María Loureiro como alcaldesa.
Xa en decembro de 2024, Por Viveiro retirou o seu apoio ao goberno de coalición PSOE-BNG, alegando incumprimento de acordos e falta de investimentos para o municipio.
Quen é Por Viveiro?
Por Viveiro xogou un papel crave na gobernabilidade do municipio, xa que os seus dous concelleiros son decisivos nun concello onde o PSOE ten cinco edís, o BNG tres e o PP sete. É un partido independente, pero varios dos seus membros destacados proveñen do Bloque. Bernardo Fraga foi portavoz do BNG en 2013, de feito, a ideoloxía de Por Viveiro pódese enmarcar no centro-esquerda e o nacionalismo. Fraga foi tenente de alcalde entre os anos 2011 e 2012 polo BNG pero en 2019 impulsou Por Viveiro, logrando dous edís con, aproximadamente, o 15 por cento dos sufraxios.
Fraga Galdo, figura clave neste cambio de rumbo, mostrouse sereno ante os acontecementos. Pola súa banda, Gueimunde, quen podería converter na próxima alcaldesa, expresou a súa confianza na xestión futura coas distintas administracións.
"Di que lle pairan pola rúa para dicirlle que Viveiro necesita un cambio, pero tamén me pairan a min moitos dos seus votantes para dicirme que están arrepentidos", declarou a alcaldesa do PSOE, María Loureiro.
O novo pacto inclúe promeas como a renovación do sistema de abastecemento de auga, un proxecto que contará cun investimento marca de 7,5 millóns de euros achegados pola Xunta de Galicia, gobernada polo PP.
Ademais, prevese avanzar na reforma do Hospital Asilo e na adquisición da Casa Maseda, un edificio emblemático que albergará a nova oficina de turismo e un punto de información para peregrinos. En ambas as iniciativas haberá financiamento autonómica.
Por tanto, pódese afirmar que en certa medida a promesa de investimentos da Xunta do PP xogou un papel crave para cambiar o gobienro da vila. Os socialistas non quedaron atrás. Nos últimos días tanto o presidente da Deputación de Lugo como o Delegado do Goberno, dúas institucións que controla o PSOE, acudiron á vila para prometer investimentos financiados por estas administracións.
Unhas promesas que, por algún motivo, parece que non convenceron a Por Viveiro. En breve presentarán moción de censuro xunto o PP. En dez días haberá votación e, salvo sorpresa maiúscula, cambio de goberno en Viveiro.
Escribe o teu comentario