Piden nove anos de cárcere para un acusado por agresión sexual á súa parella en Lugo
Como consecuencia destes feitos, a muller, que tras o sucedido abandonou España, sufriu diveras lesións que precisaron de asistencia sanitaria.
A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo celebrará o día 16 un xuízo por agresión sexual polo que se pide para o acusado unha pena de nove anos de prisión.
No seu escrito de cualificación fiscal, el Ministerio Público, sostén que o home, que chegou a España desde o seu país de orixe, Venezuela, en decembro de 2021, iniciou en febreiro de 2022 unha relación sentimental, sen convivencia, cunha muller.
En maio, acudiu pola noite ao domicilio desta, en Lugo, "nun estado de embriaguez que afectaba ás súas facultades sen chegar a anulalas e iniciou unha discusión motivada polos celos".
Despois, engade, pediulle manter relacións sexuais e, ante a súa negativa, tirouna encima da cama procedendo a agredila sexualmente, sen parar, a pesar das peticións da vítima, e propinándolle "unha puñada na cara", ademais de cometer outras agresións.
Como consecuencia destes feitos, a muller, que tras o sucedido abandonou España, sufriu diveras lesións que precisaron de asistencia sanitaria.
Escribe o teu comentario