Un falecido en accidente de tráfico entre un turismo e unha furgoneta en Fonmiñá, A Pastoriza, Lugo
Un turismo e un furgón chocaron preto do lugar do domicilio do falecido, o condutor do coche, mentres que o piloto da furgoneta resultou ferido no peito. A colisión foi frontal nun momento en que estaba a anoitecer e co firme mollado nunha zona próxima a Meira.
Un condutor de 42 anos de idade, faleceu este luns tras chocar o coche no que viaxaba cunha furgoneta, no municipio lucense da Pastoriza.
Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e da Garda Civil de Lugo, o accidente ocorreu sobre as 18,20 horas no quilómetro 60 da N-640, na parroquia de Fonmiñá.
Varios particulares contactaron con Emerxencias para informar de retencións nesa vía porque un coche acababa de chocar frontalmente contra un furgón. Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias-061, bombeiros de Vilalba, GES da Pontenova, Garda Civil de tráfico e o servizo de mantemento da estrada.
Os efectivos de bombeiros tiveron que excarcerar o corpo do condutor do turismo, pero os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Así mesmo, o ocupante da furgoneta resultou ferido.
Escribe o teu comentario