Sobreseída a acusación contra cargos da Mesa en Padrón

O xulgado de Padrón decidiu pór fin ao proceso aberto contra o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a creadora de contido e membro da Mesa Sara Seco, quen mostraran o seu respaldo público a un cidadán de Rianxo sancionado tras esixir ser atendido en galego durante a pandemia. 

 


|

 

Los acusados y miembros de A Mesa frente al juzgado
Os absoltos e membros da Mesa fronte ao xulgado

A decisión da xuíza de arquivar o caso supón un respaldo para os defensores do uso do galego na administración. O procedemento xudicial iniciouse por mor dunha denuncia da Policía Local de Rianxo, que acusaba a Maceira e a Seco de inxurias polas súas manifestacións públicas en apoio ao veciño multado. Con todo, a maxistrada determinou que non existen elementos suficientes para continuar adiante co proceso.

 

Desde a Mesa pola Normalización Lingüística considérase que a actuación policial foi desproporcionada e que a denuncia perseguía intimidar a quen defenden os dereitos lingüísticos da poboación galega. A entidade sostén que este tipo de accións poden supor unha ameaza para a liberdade de expresión e para o exercicio do dereito a comunicar en galego no ámbito público. A sanción inicial de 600 euros imposta ao veciño de Rianxo tamén foi anulada, aínda que finalmente foi sancionado con 160 euros por falta de respecto á Policía Local.

 

O arquivo da causa contra Maceira e Seco prodúcese nun contexto no que a defensa do galego volveu a situar no centro do debate político, tras coñecerse que a lingua do propia do país é minoritaria por vez primeira. 

 

Tras o arquivo da causa, a Mesa pola Normalización Lingüística instou á Policía Local de Rianxo a mellorar a formación dos seus axentes en materia de dereitos lingüísticos e de atención cidadá conforme á lexislación vixente. A organización ofrece a súa colaboración para impartir formación específica, considerando que este esforzo sería menor que o dedicado á elaboración de extensos informes policiais en busca de delitos inexistentes. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE