Anuncio falso e intento de estafa pon en alerta aos usuarios do transporte público en Ourense
O Concello de Ourense advirte e denuncia unha información falsa que está a circular en redes sociais.
O Concello de Ourense informou de que, desde hai días, circula por redes sociais un anuncio de 'Transporte Público de Ourense' que é falso.
Así, segundo explicou o consistorio nun comunicado, no suposto anuncio infórmase de que os residentes de Ourense e arredores terán transporte gratis. "Trátase dun anuncio falso e dun intento de estafa", asegura o Concello.
Por iso, aconsellan "non picar" no link nin na noticia para "non caer nas mans" dos ciberdelincuentes e lembra que este tipo de anuncios, de ser certos, serán comunicados polo Concello a través das súas contas oficiais.
Escribe o teu comentario