Lara Méndez e Rubén Arroxo cítanse este xoves para reeditar o goberno de coalición en Lugo
O PSOE e o BNG de Lugo anunciaron que se reunirán o xoves para empezar a dar pasos nas negociacións encamiñadas a reeditar un acordo de goberno para a capital lucense e articular un programa marco que rexerá no novo mandato municipal.
Os socialistas aspiran a repetir unha experiencia tan fructifera como a da pasada lexislatura, na que as dúas forzas articularon un tándme que ofreceu bos resultados en canto a gobernabilidade.
Mentres, desde os nacionalistas condicionan o acordo a que se presente "o mellor proxecto para que a cidade poida seguir camiñando tal e como decidiron os veciños".

O #PSOE e o #BNG de Lugo anunciaron que se reunirán o xoves para empezar a dar pasos nas negociacións encamiñadas a reeditar un acordo de goberno para a capital lucense e articular un programa marco que rexerá no novo mandato municipal.
Segundo indicou o portavoz socialista de Lugo, Miguel Fernández, na reunión abordarán a articulación dun novo programa marco para o mandato que agora arrinca tras cumprir "case na súa totalidade" o do anterior
Tamén se negociará para determinar as áreas dos integrantes da coalición.
Pola súa banda, o portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, detallou que, polo momento, "o único" que se puxo sobre a mesa foi o calendario para as próximas reunións e o esquema no que traballarán.
Así mesmo, puntualizou que a intención do BNG "é poder crear o mellor goberno para Lugo, o mellor proxecto para que a cidade poida seguir camiñando tal e como decidiron os veciños".
Escribe o teu comentario