Ribadeo decreta tres días de loito pola morte do catro novos en Xove

O presidente da Xunta tamén quixo expresar o seu persar polos falecementos no tráxico accidente


|

Un Guardia Civil vigila la retirada del coche siniestrado, en el accidente, por una grúa, a 1 de abril de 2023, en Xove, Lugo, Galicia, (España). Dos hombres y dos mujeres, vecinos de Ribadeo, han fallecido en un accidente de circulación registrado en la
O Concello de Ribadeo decretou tres días de loito oficial pola morte do catro novos no accidente de Xove.

 

Nunha declaración institucional asinada pola corporación despois de coñecer o tráxico suceso, o consistorio trasladou o seu pesar polo falecemento das dúas mozas, unha de 17 e outra de 18 anos, e polos dous mozos, de 18 e 19 anos. No accidente resultaron tamén feridas dúas persoas: o condutor, de 18 anos, e un sexto ocupante, de 19.

 

O ayuntamietno expresou a súa solidariedade, condolencia e apoio ás familias e achegados das vítimas, todas elas naturais de Ribadeo.

 

"Somos conscientes de que os xestos non acougan a dor, aínda que nos mostran a proximidade, a solidariedade e o apoio da corporación de forma unánime", indica o comunicado difundido polo goberno local nas súas redes sociais.

 

O loito oficial se mantedrá até o vindeiro luns, suspenderanse todos os actos oficiais do municipio e as bandeiras do seu edificio permancerán a media hasta.


O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tamén transmitiu o seu pesar a través das redes sociais: "Que tristeza e que duro. Quero enviar todo o meu agarimo e apoio ás familias dos falecidos na súa dor, que ten que ser tremenda", lamentábase o mandatario autonómico.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE