O alcalde de Friol xustifica a oferta de 6.000 euros de recompensa para quen atope ao veciño desaparecido

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, xustificou a recompensa de seis mil euros a quen dea co paradoiro de José Luís Iglesias, o octoxenario do que non se sabe nada desde o pasado catro de setembro e que reside na parroquia de Carballo.

 


|

Case tres semanas despois da súa desaparición o paradoiro de José Luís Iglesias segue sendo un misterio, a pesar das moitas batidas realizadas na zona. 

 

Neste punto, o Concello de Friol e a familia do desaparecido ofrecen 6.000 euros para a persoa ou persoas que atopen ao octoxenario: "A idea é meter zume novo, e meter xente con novos ollos".

 

Recompensa Jose Luís Carballo
Recompensa Jose Luís Carballo

 

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, xustificou a recompensa de seis mil euros a quen dea co paradoiro de José Luís Iglesias, o octoxenario do que non se sabe nada desde o pasado catro de setembro e que reside na parroquia de Carballo.

Santos precisou que isto "supón dalgunha maneira activar o operativo de forma distinta para darlle outra perspectiva con esta recompensa económica, metendo zume novo, incluso incorporando a xente profesional que está especializada nestes casos".

"Despois de máis de dúas semana de intensa procura sen atopar pistas, nin indicios, para a familia é moi duro e triste. Desde o Concello só quédanos apoiar á familia", sentenciou.

Non dubida que "nestes momentos a sorte é un factor importante", para dar con José Luís Iglesias que foi visto por última vez na parroquia de Condes por un transportista.

 

SEN NOVIDADES

De momento non se produciu ningunha chamada, aínda que o alcalde deFriol incidiu en que "a idea é meter zume novo, e meter xente con novos ollos que vexan o que nós igual non vimos ata o de agora".

Ademais, a partir deste intre, se "acoutará o radio de acción" no rastrexo, que se foi "ampliando, pero si que é certo que o temos que acoutar porque se non hai novas pistas, as estatísticas dinnos que, nestes casos, adoita estar preto de onde foi a última vez que se lle viu".

A recompensa de seis mil euros asúmena tanto o concello de Friol como os fillos de José Luís Iglesias.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE