As Fragas do Eume afectadas por un incendio forestal que queimou dúas hectáreas
Medio Rural informa dun incendio no Concello de Cabanas que afecta ás Fragas do Eume
A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal activo no municipio coruñés de Cabanas que afecta a dúas hectáreas de superfie do Parque Natural Fragas do Eume.
Segundo fontes da Xunta, o lume iniciouse ás 13,03 na parroquia de Soaserra. Nestes momentos traballan no punto un técnico, tres axentes, once brigadas, cinco motobombas, dous avións e catro helicópteros.
A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Escribe o teu comentario