Licitadas obras de humanización e mellora da accesibilidade do núcelo de Moreiras, en Toén

Dotarase a zona de iluminación e rede de pluviais e completarase con mobiliario urbano.


|

Excavadora en las obras del eje de movilidad entre Milladoiro y Santiago, a su paso por el Banquete de Conxo
Obras

 

 

A Xunta licita por 400.381 euros as obras que completarán a humanización e mellora da accesibilidade do núcleo de Moreiras, no concello de Toén.

A través desta actuación, trátase de crear un conxunto de espazos de lecer en Moreiras, incluíndo un auditorio ao aire libre, con escenario e bancos; a creación dunha zona de pérgolas con mobiliario para convidar o descanso; unha área de xogos infantís e outra onde se instalarán aparellos biosaludables (calistenia) e unha pista multideportiva.

Ademais, dotarase a zona de iluminación e rede de pluviais e completarase con mobiliario urbano.

Os traballos completarán outras tamén financiadas co apoio da Xunta e que permitiron urbanizar unha praza e mellorar a accesibilidade do núcleo de Moreiras.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finalizará o próximo 16 de xullo.

Esta nova obra enmárcanse nun convenio de colaboración da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Toén ao amparo do Plan Hurbe. Baixo este acordo, a Xunta asumirá o 70% do orzamento desta intervención, e o Concello achegará o 30% restante.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE