As obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada alterarán o tráfico na AC-241 desde o martes
As obras desenvolveranse á altura do Concello de Teo
O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (#AG-59) fará necesaria a afección ao tráfico na estrada AC-241, en Teo, a partir do próximo martes.
Segundo informou a Xunta, a afección será no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, no concello de Teo, para a execución dos cruzamentos de estrada necesarios para a dotación de drenaxe e a reposición de servizos afectados de baixa tensión e telefonía.
O desvío comezará o vindeiro martes ás 07.00 horas co corte do carril dereito en sentido Pontevea, permitir o tráfico alternativo regulado con semáforos mentres se executan os traballos. A xornada posterior será necesaria para o curado da laxa de formigón.
O 19 de xuño ás 07.00 horas trasladarase o corte ao carril esquerdo, permitir de igual modo o tráfico alternativo regulado con semáforos. Os traballos levarán a cabo durante o día e manterase o corte durante 24 horas para o curado do formigón.
Segundo a planificación dos traballos, prevese a finalización do desvío o 20 de xuño ás 19.00 horas, restablecendo a circulación con normalidade.
Escribe o teu comentario