Protestas na Coruña o ERE "fraudulento" de Teleperformance con 29 afectados
A CIG convocou as mobilizacións contra esta medida que proxecta destruír case unha trintena de empregos.
Representantes da #CIG mobilizáronse este luns fronte á Delegación do Goberno en Galicia para denunciar o ERE en Teleperformance que a central sindical considera "fraudulento". Tamén para esixir a subrogación das 29 persoas afectadas no call center da Coruña.
Nun comunicado, a central sindical remarca que Teleperformance "presentou un despedimento colectivo para desfacer do persoal que presta servizos a Vodafone , después de que a operadora de telecomunicacións abrise un centro propio en Valladolid que, supostamente, ía estar dotado de traballadores con contrato".
"Pero en realidade o que nos atopamos é que está a rescindir contratos cos seus asistentes, como ocorre con Teleperformance, que á súa vez está a despedir persoal a baixo custo mediante un ERE", afirma o secretario da CIG-Banca da Coruña e delegado de persoal, Sergio Toucedo.
Denuncia, ademais, "complicidade entre ambas as compañías" e chama a Teleperformance "a recuperar a actividade deslocalizada, principalmente a Colombia, como a atención ao cliente de UFD (100 postos de traballo) e Servihabitat (50), que xa se prestaban na Coruña e que permitirían recuperar postos de traballo e manter os que agora se están eliminando".
Escribe o teu comentario