Unha ferramenta dixital para denunciar os "focos de contaminación" que deixe a mina de Touro
Unha agrupación de veciños pon un mapa interactivo ao servizo da poboación para denunciar as irregularidades.
Unha agrupación de veciños creou unha ferramenta dixital sobre a mina de Touro para denunciar "focos de contaminación" con "información actualizada", informan.
"O mapa interactivo da mina de Touro é unha ferramenta de consulta que traslada á realidade actual dos terreos e á súa contorna a través de imaxes datadas e georreferenciadas", expón.
Nel, pódese ver o estado actual dos cursos de auga nos terreos mineiros e na súa contorna, o estado das balsas ou os vertedoiros de residuos.
"Esta ferramenta ofrece tamén o acceso a fotografías detalladas e vídeos ilustrativos dispoñibles en Youtube, que complementan a información xeográfica e ofrecen unha visión máis completa da situación actual da mina", engade.
Escribe o teu comentario