Emprego: Navantia promete convocar case 100 postos para o estaleiro de Ferrol
A industria pública enfróntase a un proceso de expansión nos próximos anos debido ao crecemento da eólica mariña e ao previsible aumento do gasto militar polo contexto prebélico.
A dirección da empresa naval pública Navantia ha traslado este mércores ao comité de empresa do estaleiro de Ferrol a súa intención de convocar 97 novos postos de traballo para este centro.
Ademais, durante os últimos días publicouse no Portal do empregado a convocatoria doutros 12 postos de traballo, correspondentes ao actual Plan Industrial, co que finaliza o compromiso de emprego pública ao que chegaran os sindicatos e a dirección da empresa.
Desde a parte social asegurouse que, con respecto ás incorporacións novas, de case un centenar de traballadores, prevese "empezar a negociar en detalle a semana próxima".
A través dun comunicado, indicou que a Comisión de formación e emprego "leva tempo reclamando novas incorporacións, dada a expectativa de carga de traballo e as necesidades do centro".
Desde o comité de empresa de Navantia Ferrol incídese en que "é importante para o futuro deste estaleiro asegurar a renovación do persoal, especialmente coas expectativas de xubilacións nos próximos anos", ademais de expor de maneira "urxente a negociación dun novo Plan industrial que garanta incorporación nos próximos anos" e "permita recuperar o persoal perdido en anteriores saídas".
Escribe o teu comentario