Empregados de ABAI denuncian a Movistar polo "desmantelamento dos centros de chamadas" na Coruña
Desde o sindicato CXT denuncian a externalización de servizos e os despedimentos nas subcontratas da teleoperadora.
Aínda que a carga de traballo nos centros de ABAI e Atento na Coruña, o persoal, dun tempo para acó, é cada vez menos. Desde a CXT levan denunciando esta situación durante anos mentres asumen contratos importantes como os de atención ao cliente e o servizo técnico de Movistar. No entanto, situacións como os despedimentos que veñen dando noutros centros da firma provocou que os empregados das subcontratas na Coruña concentráronse este luns en sinal de protesta.
A destrución de centos de postos de emprego, e a sospeita de que están a desviar traballo a terceiros países onde as condicións son máis precarias, foron algúns dos motivos da protesta convocada polo sindicato e que reuniu a varias ducias de traballadores.
"As teleoperadoras temos que atender chamadas sen descanso e obrígannos a que estas duren o menos posible. A consulta do cliente é o de menos, o único que quere Movistar e ABAI é que vendamos produtos novos", denuncian. Nesa liña, sosteñen que "as chamadas non desparecen dun día para outro, pero si poden ser desviadas a outras plataformas que se atopan noutros países onde as traballadoras aínda soportan unhas condicións laborais máis penosas que as nosas".
Nese sentido, desde o sindicato advirten que non se descartan emprender accións "se as direccións de ambas as empresas non deixan de atacar as vidas das traballadoras e non comprométense de maneira firme co mantemento dos postos de traballo".
Escribe o teu comentario