A planta máis grande de España de omega-3, en marcha co Natac As Somozas

A demanda deste aceite leva anos crecendo a medida que a poboación se preocupa máis pola súa saúde e os problemas relacionados co envellecemento. 


|

Planta de Natac en As Somozas
Planta de Natac nas Somozas

O Grupo Natac, empresa biotecnológica con base en Xetafe especializada na produción de extractos botánicos e aceites funcionais con beneficios para a saúde, iniciou a operación da súa nova planta de produción de omega-3 nas Somozas, a maior do seu tipo en España.

 

Cunha capacidade produtiva de até 10.000 toneladas anuais, a empresa di contar con tecnoloxía de vangarda para procesar aceites omega-3, utilizando sistemas que garanten a máxima calidade e estabilidade do produto. A instalación especialízase en refinar, desodorizar e blanquear aceites provenientes do peixe, asegurando que manteñan todas as súas propiedades e calidade.

 

Par que se utiliza o Omega 3?

O omega-3 é un ácido graxo esencial cun mercado amplo e diversificado debido aos seus múltiples beneficios para a saúde, como a mellora da saúde cardiovascular, o apoio ao sistema inmunolóxico, a función cerebral e a redución da inflamación. Utilízase principalmente na industria nutracéutica, onde se inclúe en suplementos alimenticios que promoven a saúde do corazón, o cerebro e as articulacións. Estes produtos son populares debido á crecente conciencia sobre a importancia dos ácidos graxos no benestar xeral. Ademais, o omega-3 atópase en alimentos funcionais enriquecidos, como leites, iogures, barras de cereais, bebidas e pans, orientados a consumidores que buscan mellorar a súa dieta sen recorrer a suplementos específicos.

 

Na industria farmacéutica, o omega-3 emprégase en medicamentos para tratar problemas de colesterol e saúde cardiovascular, con fármacos específicos deseñados para reducir os niveis de triglicéridos en sangue. Tamén ten un papel destacado na nutrición animal, onde se utiliza en alimentos para mascotas e gando para mellorar a saúde dos animais e a calidade dos produtos derivados, como carne, leite ou ovos. Na acuicultura, engádese á alimentación de peixes para mellorar a súa calidade nutricional. Así mesmo, na industria cosmética, o omega-3 inclúese en produtos de coidado persoal polas súas propiedades antioxidantes e antiinflamatorias, que axudan a manter a pel sa e reducen os signos do envellecemento prematuro.

 

A demanda de omega-3 segue en aumento a nivel global, especialmente en América do Norte, Europa e algunhas partes de Asia, impulsada polo crecente interese na saúde e o benestar, así como polo envellecemento da poboación que busca mellorar a súa calidade de vida a través da alimentación e a suplementación.

 

Funcionamento da planta das Somozas

Natac subliñou a importancia da sustentabilidade no funcionamento da planta. Di que fábrica está equipada con sistemas avanzados de depuración e control de emisións, o que contribúe a minimizar o seu impacto ambiental. Ademais, asegura priorizouse a contratación de traballadores locais, promovendo o desenvolvemento económico nunha rexión rural e axudando a fixar poboación na zona.

 

As primeiras probas de produción, realizadas en xullo, foron exitosas, e espérase que os primeiros lotes de aceite estean dispoñibles para a venda nas próximas semanas. Estes aceites serán destinados a diversos sectores, como a alimentación, a nutrición animal e o mercado nutracéutico.

 

A planta foi construída nunha parcela de 28.000 m² dentro do polígono industrial das Somozas. Ademais da moderna tecnoloxía de produción, conta cun laboratorio que apoia o desenvolvemento de ingredientes innovadores. O investimento realizado neste proxecto supera os 18 millóns de euros e a instalación empregará a 35 persoas unha vez que estea a operar a plena capacidade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE