Deixar á Ulloa sen Altri sería "unha navallada máis para unha comarca a piques de morrer", considera CC.OO.

O sindicato manifesta o seu apoio ao proxecto, argumenta que é máis que viable medioambientalmente e critica a oposición de ecoloxistas e veciños.


|

 

Protesta contra la fábrica de Altri, en una charla de la empresa en Palas
Protesta contra a fábrica de Altri, nunha charla da empresa en Pas

 

Estes días son moitas as voces a favor de Altri. O mesmo número de voces a favor que en contre. O debate hase poralizado e todos queren saber que pasará cos miles de postos de emprego que promete esta factoría proxectada en Pas de Rei. Os sindicatos seguen con atención todas as novidades ao redor da fábrica e desde Comisións Obreiras piden "cordura e diálogo" para que se concrete a viabilidade dun proxecto que conta co seu respaldo e sobre o que creen que existen "motivacións infundadas" para o seu atraso, o que significaría "unha navallada máis para unha comarca a piques de morrer".
 

Nesa liña, o sindicato censura que "determinadas asociacións", entre elas a Paltaforma Ulloa Viva e distintas organizacións veciñais e ecoloxistas, entre outras, "arremetesen", en palabras de CC.OO., contra este proxecto. "Insultos, empuxóns, bloqueos aos intentos de informar a técnicos de prestixio, descualificacións, esaxeracións...", enumera o organismo sindical, que considera que este non é o curso ideal para "o debate".   

 

 

UN IMPACTO POSITIVO?

"Un debate que debe ter como obxectivo o desenvolvemento da calidade de vida dos galegos, a defensa do seu futuro, a creación de posibilidades de emprego", indican. Na mesma liña, e tras estudar a proposta de Altri detidamente, consideran que é unha oportunidade para Galicia ao ser "a primeira fábrica híbrida en que se pecha a cadea de valor do Lyocell que se monta no mundo" e prometer miles de emprego na zona cun gran impacto "sobre a cadea de valor do sector téxtil". 

 

"A Ulloa precisa este proxecto", sentencian, en referencia aos malos datos da comarca no que a poboación se refire e envellecemento. "Este proxecto industrial, xerará moito emprego na comarca e incrementará os prezos da madeira que se paga a máis de 100.000 propietarios forestais, nun territorio que xa ten plantadas 650.000 hectáreas de eucalipto", detallan, considerando que "non é necesario plantar máis para fornecer a esta planta". 

 

TRANQUILIDADE PARA O MEDIO

No plano medioambiental, Comisións Obreiras tampouco ve lagoas, argumentando que coa tecnoloxía que utilizarán para o Lyocell ten un "impacto climático nulo". "O impacto sobre a auga da zona esta baixo control e en mans dun organismo público fóra de toda dúbida como Augas de Galicia, e os sistemas de control sobre a contaminación atmosférica que se empregan no proxecto indican que estará controlado", subliñan, en contraposición ás teses que defenden as ecoloxistas que denuncian os potenciais efectos da planta sobre o medio.

 

Iso si, o sindicato pide "o control destas variables por un órgano independente e polo deseño dun plan medioambiental integral que garanta a tranquilidade dos veciños", aínda que recalcan a "normativa medioambiental estrita" que existe en Galicia, polo que manifestan a súa "plena confianza no bo facer dos técnicos" encargados de dar a luz verde ao plan da firma portuguesa. 
 

"Pedimos aos cidadáns e aos políticos que poidan estar detrás desta tensión inxustificada que mostren respecto por persoas que fan o seu traballo cun elevado nivel de excelencia", resolven desde o sindicato, onde reclaman "diálogo", "sentido común" e "respecto por informes científicos e técnicos",


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE