Galiciapress logra o selo de calidade do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, NRede

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, órgano de representación da profesión, lanzou está primavera un selo de calidade, para axudar a identificar a información publicada produto dun labor xornalístico con garantías. Galiciapress está entre o primeiro grupo de medios en lograr este distintivo, Nrede.

 


|

Daru00edo Janeiro secretario del CPXG y el decano Francisco X Gonzu00e1lez Sarria presentando el sello NRede en la sede del Colexio
Darío Janeiro secretario do CPXG e o decano Francisco X González Sarria presentando o selo NRede na sede do Colexio

 

O  Rexistro de Medios Dixitais Galegos (NRede) busca pór en valor o labor do xornalismo dixital nun momento en que Internet está desbordada de información non sempre fiable. A marca que xa loce Galiciapress axuda ao público a localizar que espazos informativos ofrecen garantías profesionais e éticas. 

 

Para conseguir o selo de calidade, as cabeceiras deben cumprir unha serie de requisitos, como estar legalmente rexistrados en Galicia e contar no seu persoal con xornalistas colexiados. Tamén é necesario que produzan información propia e non se limiten a servir de altofalante de comunicados de prensa. 

 

Ademais, os xornais dixitais cubertos por NRede deben cumprir coas normas deontolóxicas e éticas que garanten unha produción profesional de noticias, sen un obxectivo puramente comercial. Non poden estar elaborados só por persoal en prácticas e a empresa editora ten que estar ao día coas súas obrigacións tributarias.

 

 

 

TRAXECTORIA EN ALZA DE GALICIAPRESS

Ter unha experiencia demostrable é outro dos requisitos. Galiciapress acumula 8 anos de traxectoria
ininterrompida e está elaborada por un equipo de xornalistas desde Santiago de Compostela, aínda que o seu ámbito informativo inclúe a toda a comunidade.

 

Nos últimos anos experimentou un forte crecemento de tráfico, alcanzando un teito en 2022 de máis de 300.000 usuarios únicos e 600.000 páxinas vistas ao mes. As súas cifras de audiencia están dobremente auditadas polas dous principais auditorias do sector de medios de comunicación en España, a Oficina para a Xustificación de Medias (OJD) e Comscore.

 

Galiciapress é unha das cabeceiras de Pressdigital Group, co xornalista galego Manuel Fernando González Iglesias como editor, que incorpora outros diarios de referencia tanto a nivel nacional como autonómico, como Pressdigital e Catalunyapress, así como locais, como Vilapress, e cabeceiras especializadas, como The Economy Journal.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE